jueves

A Carreira do Turrón 2023 celebrarase o día 30 de decembro

 



O sábado 30 de decembro a partir das 16:30 h. volve a Carreira do Turrón, unha proba no que o máis importante é pasalo ben e finalizar o ano facendo deporte.

Nesta quinta edición  vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 m. do BIBERÓN ata os 4.000 m. dos ADULTOS nunha xornada festiva, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.

Este ano temos importantes novidades como premios para os mellores disfraces, prebadaladas e música para rematar os derradeiros días deste 2023


A inscrición está aberta ata o VENRES 29 de decembro ás 14:00 h. Contamos contigo este ano e non te olvides de vir disfrazado para ocasión.

Para inscribirte PINCHA AQUÍ

Aberto o prazo para a IV Carreira do Turrón

 


O sábado 10 de decembro a partir das 16:30 h. volve a Carreira do Turrón, unha proba no que o máis importante é pasalo ben e finalizar o ano facendo deporte.

Nesta cuarta edición  vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 m. do BIBERÓN ata os 4.000 m. dos ADULTOS nunha xornada festiva, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.


A inscrición está aberta ata o VENRES 9 de decembro ás 14:00 h. 
Contamos contigo este ano e non te olvides de vir disfrazado para ocasión.

lunes

Volve a Carreira do turrón


Despois dun parón na organización da Carreira do Turrón por mor da Pandemia este 2021 retómase unha proba, que a pesar de ter poucos anos de vida, conta cunha gran resposta por parte dos corredores.

Nesta terceira edición prevista para o sábado 11 de decembro a partir das 16:30h, vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 m. do BIBERÓN ata os 4.000 m. dos ADULTOS nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.


A inscrición está aberta ata o XOVES 9 de decembro ás 14:00 h.

Anímate e participa, e si queres podes vir caracterizado para facer máis simpática a carreira....... 


jueves

Negreira celebra a II Carreira do Turrón


Despois do éxito da primeira edición, estamos a preparar a II CARREIRA DO TURRÓN, coa firme intención de seguir celebrando esta proba deportiva non competitiva e solidaria, que pretende potenciar o exercicio físico na rúa, nestas datas de excesos.

sábado 28 de decembro a partir das 16:30 h. vanse a celebrar tres carreiras que con distancias dende os 100 m. ata os 4.000 m. , van a dar cabida a nenos e adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.

A inscrición está aberta ata o venres 27 de decembro ás 14:00 h.

Anímate e participa, e si queres podes vir caracterizado para facer máis simpática a carreira....... 

viernes

Máis de 200 intrépidos van a participar na I CARREIRA DO TURRÓN



Un total de 228 corredores van a participar na I CARREIRA DO TURRÓN unha iniciativa con fins solidarios que pretende poñer en valor o deporte e a solidaridade nestas datas tan sinaladas. Os horarios para este día do deporte na rúa son os seguintes:


CHUPETES: (2014 e posteiros):  100 m.16:30 h.

PREBENXAMINS ata ALEVÍNS:(2013-2007): 800 m. 16:45 h.
INFANTIL ATA ABSOLUTA: (2006 e ANTERIORES): 4.000 m. 17:00 h.

As distancias non son homologadas e poden sufrir variacións, xa que esta proba deportiva non e competitiva e o seu único fin é o de promover os hábitos saúdables e o fomento do deporte.

Recordamos que imos a ter uns puntos de recollida de ALIMENTOS NON PERECEDEIROS para entregar as familias sen recursos de Negreira.

Os horarios desta Festa do Deportes son os seguintes:

16:00 h CONCENTRACIÓN E RECOLLIDA DE DORSAIS - PAVILLÓN CEIP O COTO
16:30 h SAÍDA DAS CARREIRAS
17:40 h XOGOS INCHABLES E DEGUSTACIÓN DE CHOCOLATE CON CHURROS
18:00 h SORTEO DE AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES

Podes tamén colaborar con este evento apoiando e animando a todos os corredores, non quedes na casa e súmate a esta festa do deporte na rúa......

LISTADO FINAL ALFABÉTICO PINCHA AQUÍ



miércoles

A Carreira chega os 100 inscritos


A dous días de peche de inscrición, chegamos os 100 inscritos polo que xa empezamos a preparar o chocolate para poder dar cobertura a todos os participantes.

O vindeiro venres 28 ás 14:00 h pecha a inscrición desta proba non competitiva que pretende facer unha xornada de convivencia deportiva nestas datas tan especiais.
Haberá moitas sorpresas, sorteos, inchables, chocolate para os participantes, etc....

Non dubides en anotarte e acompáñanos nesta festa do deporte en Nadal.

LISTADO A 26/12/2018 - 20:00 H - PINCHA AQUÍ

jueves

Negreira celebrará a I CARREIRA DO TURRÓN


Con este suxerente nome nace unha proba deportiva non competitiva e solidaria, que pretende potenciar o exercicio físico na rúa, nestas datas de excesos.

O sábado 29 de decembro a partir das 16:30 h. vanse a celebrar tres carreiras que con distancias dende os 100 m. ata os 4.000 m. , van a dar cabida a nenos e adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello.

A inscrición está aberta ata o venres 28 de decembro ás 14:00 h.

Participa e fai deporte......