jueves

Aberto o prazo para a IV Carreira do Turrón

 


O sábado 10 de decembro a partir das 16:30 h. volve a Carreira do Turrón, unha proba no que o máis importante é pasalo ben e finalizar o ano facendo deporte.

Nesta cuarta edición  vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 m. do BIBERÓN ata os 4.000 m. dos ADULTOS nunha xornada festiva, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.


A inscrición está aberta ata o VENRES 9 de decembro ás 14:00 h. 
Contamos contigo este ano e non te olvides de vir disfrazado para ocasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario