jueves

Negreira celebrará a I CARREIRA DO TURRÓN


Con este suxerente nome nace unha proba deportiva non competitiva e solidaria, que pretende potenciar o exercicio físico na rúa, nestas datas de excesos.

O sábado 29 de decembro a partir das 16:30 h. vanse a celebrar tres carreiras que con distancias dende os 100 m. ata os 4.000 m. , van a dar cabida a nenos e adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello.

A inscrición está aberta ata o venres 28 de decembro ás 14:00 h.

Participa e fai deporte......

No hay comentarios:

Publicar un comentario