lunes

Volve a Carreira do turrón


Despois dun parón na organización da Carreira do Turrón por mor da Pandemia este 2021 retómase unha proba, que a pesar de ter poucos anos de vida, conta cunha gran resposta por parte dos corredores.

Nesta terceira edición prevista para o sábado 11 de decembro a partir das 16:30h, vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 m. do BIBERÓN ata os 4.000 m. dos ADULTOS nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.


A inscrición está aberta ata o XOVES 9 de decembro ás 14:00 h.

Anímate e participa, e si queres podes vir caracterizado para facer máis simpática a carreira....... 


No hay comentarios:

Publicar un comentario