viernes

Aberta a inscrición para a Marcha Btt Solidaria



A Asociación Deportivo-Cultural BTTAVERNAS organiza unha quedada BTT o sábado 17 de decembro ás 10:00 h., con sáida dende o I.E.S. Xulián Magariños co fin de recoller alimentos para axudar as familias en situación de precariedade de Negreira.

Por este motivo convida a todos os amantes da bicicleta a colaborar e participar nesta iniciativa solidaria traendo o día da proba UN KILO DE ALIMENTOS.

Esperamos contar cun número importante de ciclistas para ademáis de facer un ruta BTT de nivel medio-baixo pola contorna de Negreira, axudar nestas datas tan sinaladas a familias da nosa Vila.

Animamos dende aquí a todos a participar e pasar unha bonita xornada cun fin tan meritorio......


3 comentarios:

  1. donde temos q chamar ou enviar enail???

    ResponderEliminar
  2. en inscripción está o telefono de incidencias

    ResponderEliminar
  3. De que cantos kilometros consta a ruta?
    É pra todos os publicos? Hay limite de idade? Grazas, un saudo

    ResponderEliminar