viernes
Aberta a inscrición para a Marcha Btt Solidaria
A Asociación Deportivo-Cultural BTTAVERNAS organiza unha quedada BTT o sábado 17 de decembro ás 10:00 h., con sáida dende o I.E.S. Xulián Magariños co fin de recoller alimentos para axudar as familias en situación de precariedade de Negreira.
Por este motivo convida a todos os amantes da bicicleta a colaborar e participar nesta iniciativa solidaria traendo o día da proba UN KILO DE ALIMENTOS.
Esperamos contar cun número importante de ciclistas para ademáis de facer un ruta BTT de nivel medio-baixo pola contorna de Negreira, axudar nestas datas tan sinaladas a familias da nosa Vila.
Animamos dende aquí a todos a participar e pasar unha bonita xornada cun fin tan meritorio......
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
